lunes, 30 de marzo de 2009

Por fin, hoxe último exame da avaliación, a partir de hoxe xa nada de estres, nin estudiar, nin pensar que toca estudiar.
Incluso esperando aprobar todas, algo que non me esperaba, nin moito menos, sobre todo por unha asignatura, pero co exame aprovado, exercicios feitos(mal, pero feitos), todo parece indicar que aprobar se aproba e todo.
O venres sairemos de dúbidas.

Saúdos e FESTA

lunes, 16 de marzo de 2009

Aquí van varios videos sobre Galicia.
Espero que vos gusten







Non podemos olvidar quenes somos e o que significa Galicia e ser galego.

jueves, 26 de febrero de 2009

Volvamos ós ensaios, para quen non o saiba, ainda estando algúns ensaiando cos maiores, seguimos sendo durante moitos anos os pequenos, sempre será a xeración dos pequenos, incluso algúns estando na directiva nos seguían considerando despois de moitos anos os pequenos, pero iso é parte da historia que ven máis adiante.
Volvemos a ensaiar con Lidia, sempre andabamos xuntos ainda que non fixeramos nada, bueno exactamente nada é un decir, porque sempre andabamos a xogar, ó futbol, escondite, as cartas, eran moitas horas que estabamos alí metidos.
Durante esta época aprendimos bastantes bailes, Jota de Santiago(que bonito o último punto), Foliada da Insúa(primeira que aprendemos con pandeireta), Langeuirón(esos amagos de antes dos puntos, ademáis de como Lucia fixo algún punto nun ensaio),Muiñeira e Jota dos Ancares(predecesora de Silvela), Muiñeira de Lourido(esta non cha perdono Angel, esta moitos a coñecedes).
Nas actuacións o pasabamos en grande, San Cristobal, dia das letras Galegas, sempre actuando de últimos e que sempre nos quedabamos sen nada, e esperar horas e horas ata que nos tocaba, durante moitos anos sempre o mesmo, en todas as actuacións, e non é coma agora que son 5 grupos, antes eran moitos máis que tamén eran escolas.
Outra das actuacións que sempre recordarei foi unha na Cañiza, con Gonzalo e o "se me olvido el Donuts".

Continuará.......

martes, 17 de febrero de 2009

Boas

Xa se acerca o carnaval, unha das mellores festas que hai, sobre todo no Hio, despois de moitos anos indo, este ano toca traballar, é unha putada moi grande espero poderme pasar o martes pola noite, se non se traballa o mercores(cousa que me parece moi rara).
Os que vaiades esperemos que o pasedes moi ben coma sempre.

Saudos

martes, 10 de febrero de 2009

Bonita semana

Tranquila, sobre todo, tocou de facer de chofer, ir a reunións, traballar, é decir unha semana calmada.
So tiven estresado o sabado, traballo e reunión, nada do outro mundo, a putada é que non vai haber outra semana, esta semana touca outra vez exposición, gravación, traballos de clase(que non vou a facer).
Saudos

martes, 27 de enero de 2009

Boas, aquí vai a segunda parte da historia doo grupo.

Ano 1990, abrese as portas á escola de Lembranzas, ahhí estamos un grupo de nenos, entre os 3 anos(miña prima era a máis pequena, ainda que foise, volveu, foise e volveu ata hoxe en día) e os 8 anos(Si daquela eu era o maior desa panda).
Entre os que entramos daquela estabamos Saul, Gonzalo, Angel, Xian, Estichu, Lucia, Montse e eu, pouco máis tarde entrou Sandra. Dos que so quedamos 3, Lucia, Montse e eu.
Aqueles ensaios chegabamos as 16:00 ou as 17:00, non me acordo moi ben, quentabamos xogando ó futbol, a pita ou ó escondite, con Ricardo, estabamos ata as 21:00, nolo pasabamos en grande.
Despois veu a época con Lidia, ahí xa chegou máis xente, Adriana, Cris, Manu, Miguel, Rubén e máis xente da que non me acordo o nome.
Deixou de ensaiarnos Lidia, para ensaiarnos José, sempre me acordarei daqueles ensaios, cansaban xa no quencemento, aquela media que se facia interminable, correndo, subindo escalóns e poñerse de puntillas neles. Pero sobre todo dúas os ensaios con paús de escoba(si con paus de escoba para ter levantados os brazos seguido), e sobre todo un verán, a cinta máis famosa do grupo, “O Bolero de Ravel”, todos os sabados durante 2 horas, iso si que esgotaba os brazos, todo o grupo en filas, que aproveitabamos cando José se daba media volta para baixar os brazos descansar, todos tiñamos ganas de romper aquela cinta, moitas veces miña prima e eu o íamos a facer pero nunca o fixemos.

lunes, 19 de enero de 2009

Dedicada a todos/as feas, ainda que a canción sexa para unha muller, tamén se pode poñer un home no seu lugar

espero que vos guste, ainda que seguro que xa a coñecedes