Mostrando entradas con la etiqueta Lembranzas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lembranzas. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de noviembre de 2008

Despois de actuar onte, hoxe toca falar un pouco dela

Non vou a falar de se saiu ben ou mal,iso non me interesa, tampouco cousas de fora.
O que me gustou foi que o pasamos case todos moi ben enriba da actuación, falando coa xente o pasou moi ben,eu o primeiro,ahí enriba bailando, mirando que toda xente lle gusta o que fas, enriba que miras que a xente está contenta bailando.
Foi unha experiencia maravillosa, desde que chegamos a probar, que miras para o graderio epensas que isto vai a estar cheo mirando para ti, sigo decindo que é unha experiencia inerrepetible.

Saudos e ata a proxima

jueves, 13 de noviembre de 2008

xa so quedan dous días para a proxima actuación, espero que saia ben, fai tempo que non me poño nervioso, pero por esta vez si me estou poñendo nervioso.
ademais volver a bailar con dúas persoas moi especiais para min como son Suso e Susana xa é bastante bonito para min.

saudos e espero que o sabado saia todo ben

lunes, 20 de octubre de 2008

Boas

Semana tranquila, xa acabados todos os traballos de producción toca descansar ata que haxa que facer outros traballos, non foron moi agobiantes, pero si roubaron tempo, algo que non sobra, pero xa está.
Pero houbo malas novas, pensando que tiñamos máis tempo para estar en Cimadevila, seguramente esta semana xa teñamos que deixalo, coma sempre a toda leite a buscar un local para a roupa, xa case está arreglado, feito o inventario, so falta mover a roupa, algo moi traballoso, a ver que pasa.
Como todos os luns resultado do Sakaivos
Sakaivos 2 - Sporting 5.

saudos

lunes, 13 de octubre de 2008

Sakaivos2 - Os Jaitas 2, a ver se o proximo partido se gaña.
Semana movida traballar, clase, oposicións. Está claro a persoa que diga que non lle da tempo a facer cousas que fale conmigo, porque se pode facer de todo e ter tempo libre.
Suso benvido de novo a Lembranzas, ainda que sexa só por unha actuación, a min xa me chega, xa que me encanta que volvas con nós, a ver se che entra outra vez o gusanillo e volves para sempre.

domingo, 5 de octubre de 2008

Hoxe acaba a semana.
Unha semana moi boa. sobre todo o que concierne a Lembranzas, esta semana se fixo oficial unha actuación. Para min a actuación máis importante do ano, sen desmerecer as outras. Actuamos no teatro caixanova, para min o mellor lugar pechado para unha actuación, ademais na Homenaxe ó gaiteiro, festa mitica no mundo do folclore en Vigo. Fai tempo que non me emociona tanto unha actuación coma me emociona esta.
Con esta actuación cumplese un dos 3 soños que me quedaban por cumplir en Lembranzas da Ria, e como os outros 2 se cumplen para o ano que ven, terei que buscar outros motivos para seguir, porque seguir quero seguir.

saudos

P.d. Hoxe empatamos co Sakaivos 3-3 despois de remontan, que putada eu non puiden ir, para o proximo ou iso espero

lunes, 22 de septiembre de 2008

despois de moito tempo non fun a actuación, sintome raro, iso de que os demáis vaian a bailar e eu non estraname, espero que non pase moitas veces máis, sobre todo porque a ver se entran novos homes, que se non se algún non pode ir a actuar quedamos algo tirados, polo cal fago un chamamento a que veñan homes a lembranzas, para poder descansar.

Saúdos