jueves, 26 de febrero de 2009

Volvamos ós ensaios, para quen non o saiba, ainda estando algúns ensaiando cos maiores, seguimos sendo durante moitos anos os pequenos, sempre será a xeración dos pequenos, incluso algúns estando na directiva nos seguían considerando despois de moitos anos os pequenos, pero iso é parte da historia que ven máis adiante.
Volvemos a ensaiar con Lidia, sempre andabamos xuntos ainda que non fixeramos nada, bueno exactamente nada é un decir, porque sempre andabamos a xogar, ó futbol, escondite, as cartas, eran moitas horas que estabamos alí metidos.
Durante esta época aprendimos bastantes bailes, Jota de Santiago(que bonito o último punto), Foliada da Insúa(primeira que aprendemos con pandeireta), Langeuirón(esos amagos de antes dos puntos, ademáis de como Lucia fixo algún punto nun ensaio),Muiñeira e Jota dos Ancares(predecesora de Silvela), Muiñeira de Lourido(esta non cha perdono Angel, esta moitos a coñecedes).
Nas actuacións o pasabamos en grande, San Cristobal, dia das letras Galegas, sempre actuando de últimos e que sempre nos quedabamos sen nada, e esperar horas e horas ata que nos tocaba, durante moitos anos sempre o mesmo, en todas as actuacións, e non é coma agora que son 5 grupos, antes eran moitos máis que tamén eran escolas.
Outra das actuacións que sempre recordarei foi unha na Cañiza, con Gonzalo e o "se me olvido el Donuts".

Continuará.......

1 comentario:

Suso Lista dijo...

Terrible é cando quedas en blanco. Saúdos desde Corme