Mostrando entradas con la etiqueta Sakaivos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sakaivos. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de diciembre de 2008

Boas

POr fin, Sakaivos gañou un partido, conto a historia do partido, o partido era as 16:00, uns tiñamos que traballar, outros tiñamos un cumpleanos, ó final, ó comezo do partido so eran 5, as 16:10 aparecín eu, sen comer, igual que outro xogador, faltaban moitos, empezamos gañando 2-0,empataron, se puxeron por diante ó final remontamos, expulannos a un, e logramos gañar.
ese Sakaivos


Saudos e a seguir gañando

jueves, 27 de noviembre de 2008

Boas

Por fin o Sakaivos gaña un partido, 0-4, que conste que foi pola via administrativa, pero tamén vale, agora so temos que seguir subindo postos e gañando.
Así que animo equipo que entre todos podemos conseguilo.

Saudos

lunes, 20 de octubre de 2008

Boas

Semana tranquila, xa acabados todos os traballos de producción toca descansar ata que haxa que facer outros traballos, non foron moi agobiantes, pero si roubaron tempo, algo que non sobra, pero xa está.
Pero houbo malas novas, pensando que tiñamos máis tempo para estar en Cimadevila, seguramente esta semana xa teñamos que deixalo, coma sempre a toda leite a buscar un local para a roupa, xa case está arreglado, feito o inventario, so falta mover a roupa, algo moi traballoso, a ver que pasa.
Como todos os luns resultado do Sakaivos
Sakaivos 2 - Sporting 5.

saudos

lunes, 13 de octubre de 2008

Sakaivos2 - Os Jaitas 2, a ver se o proximo partido se gaña.
Semana movida traballar, clase, oposicións. Está claro a persoa que diga que non lle da tempo a facer cousas que fale conmigo, porque se pode facer de todo e ter tempo libre.
Suso benvido de novo a Lembranzas, ainda que sexa só por unha actuación, a min xa me chega, xa que me encanta que volvas con nós, a ver se che entra outra vez o gusanillo e volves para sempre.

domingo, 5 de octubre de 2008

Hoxe acaba a semana.
Unha semana moi boa. sobre todo o que concierne a Lembranzas, esta semana se fixo oficial unha actuación. Para min a actuación máis importante do ano, sen desmerecer as outras. Actuamos no teatro caixanova, para min o mellor lugar pechado para unha actuación, ademais na Homenaxe ó gaiteiro, festa mitica no mundo do folclore en Vigo. Fai tempo que non me emociona tanto unha actuación coma me emociona esta.
Con esta actuación cumplese un dos 3 soños que me quedaban por cumplir en Lembranzas da Ria, e como os outros 2 se cumplen para o ano que ven, terei que buscar outros motivos para seguir, porque seguir quero seguir.

saudos

P.d. Hoxe empatamos co Sakaivos 3-3 despois de remontan, que putada eu non puiden ir, para o proximo ou iso espero

domingo, 28 de septiembre de 2008

Onte foi o primeiro partido de liga do Sakaivos, comezamos como todos os anos, sendo unha panda que imos a botar un partido , porque xogar ben iso non o fixemos, isto foi comezar seguro que agora en diante o melloramos.
Resultado perdemos 5-2.

Saudos