jueves, 26 de febrero de 2009

Volvamos ós ensaios, para quen non o saiba, ainda estando algúns ensaiando cos maiores, seguimos sendo durante moitos anos os pequenos, sempre será a xeración dos pequenos, incluso algúns estando na directiva nos seguían considerando despois de moitos anos os pequenos, pero iso é parte da historia que ven máis adiante.
Volvemos a ensaiar con Lidia, sempre andabamos xuntos ainda que non fixeramos nada, bueno exactamente nada é un decir, porque sempre andabamos a xogar, ó futbol, escondite, as cartas, eran moitas horas que estabamos alí metidos.
Durante esta época aprendimos bastantes bailes, Jota de Santiago(que bonito o último punto), Foliada da Insúa(primeira que aprendemos con pandeireta), Langeuirón(esos amagos de antes dos puntos, ademáis de como Lucia fixo algún punto nun ensaio),Muiñeira e Jota dos Ancares(predecesora de Silvela), Muiñeira de Lourido(esta non cha perdono Angel, esta moitos a coñecedes).
Nas actuacións o pasabamos en grande, San Cristobal, dia das letras Galegas, sempre actuando de últimos e que sempre nos quedabamos sen nada, e esperar horas e horas ata que nos tocaba, durante moitos anos sempre o mesmo, en todas as actuacións, e non é coma agora que son 5 grupos, antes eran moitos máis que tamén eran escolas.
Outra das actuacións que sempre recordarei foi unha na Cañiza, con Gonzalo e o "se me olvido el Donuts".

Continuará.......

martes, 17 de febrero de 2009

Boas

Xa se acerca o carnaval, unha das mellores festas que hai, sobre todo no Hio, despois de moitos anos indo, este ano toca traballar, é unha putada moi grande espero poderme pasar o martes pola noite, se non se traballa o mercores(cousa que me parece moi rara).
Os que vaiades esperemos que o pasedes moi ben coma sempre.

Saudos

martes, 10 de febrero de 2009

Bonita semana

Tranquila, sobre todo, tocou de facer de chofer, ir a reunións, traballar, é decir unha semana calmada.
So tiven estresado o sabado, traballo e reunión, nada do outro mundo, a putada é que non vai haber outra semana, esta semana touca outra vez exposición, gravación, traballos de clase(que non vou a facer).
Saudos