Boas, aquí vai a segunda parte da historia doo grupo.
Ano 1990, abrese as portas á escola de Lembranzas, ahhí estamos un grupo de nenos, entre os 3 anos(miña prima era a máis pequena, ainda que foise, volveu, foise e volveu ata hoxe en día) e os 8 anos(Si daquela eu era o maior desa panda).
Entre os que entramos daquela estabamos Saul, Gonzalo, Angel, Xian, Estichu, Lucia, Montse e eu, pouco máis tarde entrou Sandra. Dos que so quedamos 3, Lucia, Montse e eu.
Aqueles ensaios chegabamos as 16:00 ou as 17:00, non me acordo moi ben, quentabamos xogando ó futbol, a pita ou ó escondite, con Ricardo, estabamos ata as 21:00, nolo pasabamos en grande.
Despois veu a época con Lidia, ahí xa chegou máis xente, Adriana, Cris, Manu, Miguel, Rubén e máis xente da que non me acordo o nome.
Deixou de ensaiarnos Lidia, para ensaiarnos José, sempre me acordarei daqueles ensaios, cansaban xa no quencemento, aquela media que se facia interminable, correndo, subindo escalóns e poñerse de puntillas neles. Pero sobre todo dúas os ensaios con paús de escoba(si con paus de escoba para ter levantados os brazos seguido), e sobre todo un verán, a cinta máis famosa do grupo, “O Bolero de Ravel”, todos os sabados durante 2 horas, iso si que esgotaba os brazos, todo o grupo en filas, que aproveitabamos cando José se daba media volta para baixar os brazos descansar, todos tiñamos ganas de romper aquela cinta, moitas veces miña prima e eu o íamos a facer pero nunca o fixemos.
Bla Bla Bla! Festival 2012
Hace 12 años