miércoles, 29 de octubre de 2008

Saudos

Aquí vos deixo un video, se alguñen consigue facer isto que me avise que eu fago de manager.

lunes, 20 de octubre de 2008

Boas

Semana tranquila, xa acabados todos os traballos de producción toca descansar ata que haxa que facer outros traballos, non foron moi agobiantes, pero si roubaron tempo, algo que non sobra, pero xa está.
Pero houbo malas novas, pensando que tiñamos máis tempo para estar en Cimadevila, seguramente esta semana xa teñamos que deixalo, coma sempre a toda leite a buscar un local para a roupa, xa case está arreglado, feito o inventario, so falta mover a roupa, algo moi traballoso, a ver que pasa.
Como todos os luns resultado do Sakaivos
Sakaivos 2 - Sporting 5.

saudos

lunes, 13 de octubre de 2008

Sakaivos2 - Os Jaitas 2, a ver se o proximo partido se gaña.
Semana movida traballar, clase, oposicións. Está claro a persoa que diga que non lle da tempo a facer cousas que fale conmigo, porque se pode facer de todo e ter tempo libre.
Suso benvido de novo a Lembranzas, ainda que sexa só por unha actuación, a min xa me chega, xa que me encanta que volvas con nós, a ver se che entra outra vez o gusanillo e volves para sempre.

domingo, 5 de octubre de 2008

Hoxe acaba a semana.
Unha semana moi boa. sobre todo o que concierne a Lembranzas, esta semana se fixo oficial unha actuación. Para min a actuación máis importante do ano, sen desmerecer as outras. Actuamos no teatro caixanova, para min o mellor lugar pechado para unha actuación, ademais na Homenaxe ó gaiteiro, festa mitica no mundo do folclore en Vigo. Fai tempo que non me emociona tanto unha actuación coma me emociona esta.
Con esta actuación cumplese un dos 3 soños que me quedaban por cumplir en Lembranzas da Ria, e como os outros 2 se cumplen para o ano que ven, terei que buscar outros motivos para seguir, porque seguir quero seguir.

saudos

P.d. Hoxe empatamos co Sakaivos 3-3 despois de remontan, que putada eu non puiden ir, para o proximo ou iso espero

viernes, 3 de octubre de 2008

Volvemos as andadas, traballo, oposicións, clase, Lembranzas. decidido teño que contratar a unha secretaria que non cobre moito para que me axude, iso de non ter un día libre creo que é malo para a saúde, ainda non o comprvei, xa vos terei informados.

domingo, 28 de septiembre de 2008

Onte foi o primeiro partido de liga do Sakaivos, comezamos como todos os anos, sendo unha panda que imos a botar un partido , porque xogar ben iso non o fixemos, isto foi comezar seguro que agora en diante o melloramos.
Resultado perdemos 5-2.

Saudos

lunes, 22 de septiembre de 2008

despois de moito tempo non fun a actuación, sintome raro, iso de que os demáis vaian a bailar e eu non estraname, espero que non pase moitas veces máis, sobre todo porque a ver se entran novos homes, que se non se algún non pode ir a actuar quedamos algo tirados, polo cal fago un chamamento a que veñan homes a lembranzas, para poder descansar.

Saúdos