martes, 21 de abril de 2009

xa facia tempo que non actualizaba a historia do grupo, hoxe toca.
Quedamos nas actuacións.
Nesta época houbo moitos cambios dentro dos pequenos, foronse uns cantos(Gonzalo, Adriana, Miguel(de primeira vez)) e entrou outra xente, Candela, Iris, Angela, Rubén, Manu(este un pouco antes igual que Cris).
Houbo cambios tamén dentro do grupo, José foise de dar clases para dar Manolo, digamos que esa foi unha etapa non moi boa para algúns de nós. Horas e horas sen facer nada durante moito tempo, mentres outros ensaiaban e nos a mirar, e cando ensaiabamos e aprendiamos algunha peza despois a bailaban os maiores e cando bailabamos nós, como algunhas veces sobraban homes, non era a primeira que tocaba sempre ó mesmo bailar so unha.
Así durante moito ata o 2000, non houbo moitos cambios.
Iso si foi por unha parte das mellores épocas que pasei no grupo, hai nos coñecemos moi ben, tantas horas falando entre nós nos acabamos coñecendo moi ben.
Houbo momentos que se pasaron mal, cando se ía a xente, algúns pensamos en deixalo, pero houbo persoas que dixeron romperon a cabeza para non irse.
Tamén nesta época tamén houbo unha cousa que estivo a punto de desfacer o grupo, Manolo empezou a levar Antoxo, da aquela xa había malos rollos con algúns membros do grupo. Pensouse en irnos a Antoxo e deixar Lembranzas e que quedaran en Lembranzas as pandereteiras e algúns máis. Pero ó final isto non se levou a cabo, menos mal, porque se non non coñeciaramos a moita xente que vale a pena e non cumpliriamos estes 25 anos.

POr hoxe está ben, pero continuará.............